Saturday 04 de May de 2024

A Consellería de Traballo homologa ao Concello de Ordes para impartir 9 novas especialidades formativas


Entre outras figuran Xestión integrada de recursos humanos, Creación e xestión de microempresas, Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, lingua castelá, inglés e galego

A Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Emprego e Formación acáballe de conceder ao Concello de Ordes a homologación da casa da cultura para impartir 9 especialidades formativas. Con iso, e de xeito oficial, o Concello ofrece un total de 11 cursos oficiais, contando cos de Atención sociosanitaria no ámbito domiciliario e en institucións sociais, os cales se imparten na aula adaptada situada no Mesón do Vento.
A partir de agora as instalacións situadas na rúa Galicia da vila ordense tamén acollerán clases de Xestión integrada de recursos humanos, Creación e xestión de microempresas, Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, Mediación comunitaria, Dinamización comunitaria, Competencias matemáticas N2, Comunicación en Lingua Castelá N2, Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N2 e Comunicación en Lingua Galega N2. Ademais disto hai que engadir a homologación concedida ás aulas situadas na nave do Mesón do Vento para os cursos de
Con iso cada un destes certificados pasa a estar incluído no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.